Publicador de contidos

Publicador de contidos

O atacante racista de Buffalo transmitiu en directo o masacre

O atacante racista de Buffalo transmitiu en directo o masacre

Matou dez persoas e feriu tres nun supermercado

O atacante, de 18 anos, enfróntase á cadea perpetua
G24.gal 16/05/2022 09:33

O masacre racista de Buffalo, no extremo norte de Nova York, protagonizouno este mozo branco de 18 anos, identificado como Payton Gendron. Fortemente armado e con equipación militar, dirixiuse ata un barrio de maioría negra. Portaba unha cámara e foi transmitindo en directo a matanza na plataforma Twitch. Unhas imaxes de dureza extrema. Irrompeu nun supermercado e comezou a disparar indiscriminadamente. Matou dez persoas e feriu tres. Deles, once eran negros. 

O Departamento de Xustiza de Estados Unidos está investigando o tiroteo como un crime de odio e un acto de extremismo violento por motivos raciais. O detido comparecerá mañá ante o xuíz. Polos cargos de homicidio en primeiro grao, enfróntase á cadea perpetua, xa que no estado de Nova York non existe a pena de morte. 

Este novo masacre coincide coa guerra declarada polas autoridades de Nova York contra as armas de fogo, como reacción ao aumento alarmante de tiroteos durante a pandemia. 

O presidente Biden fixo un chamamento á unidade para erradicar o odio en Estados Unidos.

Biden e a primeira dama viaxan mañá a Buffalo para transmitirlles as condolencias ás familias das vítimas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade