Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Conferencia Católica de Nova York acusa a Trump de burlarse da súa fe

A Conferencia Católica de Nova York acusa a Trump de burlarse da súa fe

Nunha publicación en redes afirman que a foto do presidente vestido de papa "non ten nada de enxeñosa, nin de divertida"

Pídelle tamén respecto ao pontífice recentemente falecido e aos cardeais que van participar no conclave do mércores

Trump a pasada semana en Alabama. REUTERS/Leah Millis Trump a pasada semana en Alabama. REUTERS/Leah Millis
G24.gal 04/05/2025 08:18 Última actualización 04/05/2025 11:17

A Conferencia Católica do estado de Nova York acusou este sábado o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, de burlarse da fe, despois de que o mandatario publicara unha imaxe súa vestido de papa que se volveu viral.

A controvertida imaxe está feita coa axuda da intelixencia artificial e preséntao con sotana branca, mitra, cruz dourada e nunha actitude solemne, co brazo dereito inclinado á altura do ombreiro e co dedo índice levantado.

"Esta imaxe non ten nada de enxeñosa, nin de divertida, señor presidente (...). Acabamos de soterrar o noso amado papa Francisco e os cardeais están a piques de entrar nun conclave solemne para elixir o novo sucesor de San Pedro. Non se burle de nós", escribiu o grupo católico nunha publicación de X.

O mandatario difundiu a foto a través da súa conta de Truth Social catro días antes do inicio do conclave no que a Igrexa católica elixirá o novo pontífice, tras a morte do papa Francisco.

Trump asistiu aos funerais no Vaticano e catro días despois suxeriu que el sería unha boa opción para ocupar o trono de San Pedro.

"Gustaríame ser papa. Esa sería a miña opción número un. Creo que sería un gran papa. Ninguén o faría mellor ca min", dixo o mandatario o mércores desde a Casa Branca.

Pola súa banda, o vicepresidente dos EUA, J. D. Vance, convertido ao catolicismo e o último funcionario público que atendeu o desaparecido papa Francisco, defendeu a Trump nunha publicación na súa conta de X ao argumentar que a imaxe debería ser tomada como unha broma.

O malestar expresado pola Conferencia Católica de Nova York, contrasta co desexo manifestado por Trump de que o arcebispo de Nova York, o cardeal Timothy Michael Dolan, un dos prelados estadounidenses presentes no conclave, fose o vindeiro papa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade