Publicador de contidos

Publicador de contidos

O arcebispo de Santiago invita o papa León XIV a peregrinar a Compostela no Ano Santo 2027

O arcebispo de Santiago invita o papa León XIV a peregrinar a Compostela no Ano Santo 2027

Francisco José Prieto transmitiulle a proposta durante unha audiencia no Vaticano

A Igrexa compostelá aspira a repetir visitas papais como as de Xoán Paulo II e Bieito XVI

G24.gal 27/08/2025 18:06

O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, convidou este mércores o papa León XIV a peregrinar á tumba do Apóstolo no próximo Ano Santo de 2027.

Fíxoo durante a audiencia xeral celebrada na Aula Paulo VI do Vaticano, ao final da cal tivo ocasión de falar co pontífice.

Prieto encabezaba a peregrinación diocesana que cruzou a Porta Santa da basílica de San Pedro con motivo do Xubileo da Esperanza e aproveitou o encontro para trasladar o seu interese en que o papa participe na conmemoración compostelá.

A posibilidade dunha visita de León XIV a Galicia dentro de dous anos, na que tamén traballa a Xunta, dependerá de que se completen os trámites protocolarios necesarios, como a celebración dunha audiencia privada.

A Igrexa compostelá confía en que a cita de 2027 sexa unha oportunidade para repetir as visitas papais xa vividas en Compostela.

Tras Xoán Paulo II e Bieito XVI, aspira a que León XIV volva abrazar ao Apóstolo Santiago nun Ano Santo que adoita reunir centos de miles de peregrinos de todo o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade