Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa preside en Roma unha multitudinaria vixilia no Xubileu da Mocidade

O papa preside en Roma unha multitudinaria vixilia no Xubileu da Mocidade

O Vaticano cifra nun millón os asistentes ao acto en que León XIV lles dixo: "A amizade pode cambiar o mundo"

O pontífice lamentou a morte dunha moza española e doutra exipcia chegada a Roma polo Xubileu

O papa bendice en Tor Vergata os participantes na Vixilia do Xubileu dos Mozos
G24.gal 02/08/2025 21:21 Última actualización 02/08/2025 21:42

O papa León XIV considerou este sábado que "a amizade pode cambiar o mundo", ao responder a unha pregunta en español durante o multitudinario Xubileu dos Mozos en Roma, no que tamén advertiu das "lóxicas comerciais" de Internet.

"Queridos mozos, quéiranse entre vostedes, quéiranse en Cristo, saiban ver a Xesús nos demais. A amizade pode verdadeiramente cambiar o mundo. A amizade é unha camiño para a paz", recomendou.

O pontífice acudiu á campa de Tor Vergata, na periferia romana, para presidir unha vixilia con centos de miles de mozos de 146 países que participan esta fin de semana no Xubileu e, no seu encontro, respondeu a tres preguntas sobre a amizade ou a vida. O Vaticano cifra nun millón os asistentes.

É o acto máis multitudinario do seu aínda breve papado. Tras a vixilia, os peregrinos de 140 países, cunha notable participación española, pasarán a noite no lugar á espera dunha multitudinaria misa oficiada polo papa o domingo pola mañá que lle porá o ramo ao Xubileu da Mocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade