Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro cede un empate na prolongación ante o filial do Athletic (1-1)

O Arenteiro cede un empate na prolongación ante o filial do Athletic (1-1)

Eliseo foi protagonista por partida dobre: anotou o gol local e un erro seu propiciou o empate visitante

O mal estado do terreo de xogo, moi pesado polas chuvias,  condicionou o desenrolo do partido

@AthleticClub @AthleticClub
G24.gal 30/01/2026 21:34

O Arenteiro sumou a súa quinta xornada consecutiva sen gañar tras empatar a un tanto ante o filial do Athletic de Bilbao nun partido onde os de Jorge Cuesta concederon o empate nunha xogada desafortunada no tempo de prolongación.

Na primeira metade o dominio foi do equipo verde. Jaume Cuéllar, Chuca e Bastida gozaron de boas oportunidades que non aproveitaron. Máis clara sería a que tivo o central Eliseo nunha xogada a balón parado cando o seu remate a medio metro do porteiro petou no meta do equipo vasco. O Arenteiro dominaba e o filial bilbaíno tentaba ameazar con algunha contra a meta de Alvin.

Na segunda metade o estado do terreo de xogo fíxose notar. Coas choivas caídas, o campo estaba moi pesado e era difícil manter un ritmo alto. O equipo vasco comezou a correr con máis espazos e Ibón Sánchez estivo a piques de inaugurar o marcador cun disparo que se foi por riba do traveseiro. Eran minutos onde o equipo local sufría e Jorge Cuesta realizou trocos para reactivar o seu equipo. Entraron Adilson e Dani González para rearmar o medio campo. E chegaría o gol do equipo verde. Unha falta lateral botada por David Ferreiro non foi despexada pola zaga do Athletic, o porteiro Mikel Santos errou na súa saída e Eliseo aproveitou o regalo para adiantar os seus a oito minutos do final. Pero no tempo de desconto, o propio Eliseo pifiou nun despexe por mor do mal estado do terreo de xogo e Eder non desaproveitaría a ocasión para igualar o choque. Pablo Moya tivo o segundo dos do Carballiño no 97 pero o seu disparo non colleu portería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade