O Alcorcón remonta na Malata (1-2) e deixa o Rácing a seis puntos
O Rácing adiantouse xa na segunda metade cun penalti que transformou Joselu
Pablo García aproveitou dúas indecisións da defensa para sentenciar
Na Malata enfrontábanse o segundo contra o cuarto e foi o Alcorcón o que finalmente conseguiu o triunfo na casa do Rácing.
Foi un partido en que os dous equipos tomaron precaucións diante dos perigos do rival, polo que a primeira metade tivo poucas ocasións de gol.
Os de Parralo aproveitaron a súa gran oportunidade xa na segunda metade. Foi logo dun penalti cometido por Mosquera sobre Carlos Vicente no lateral da área que protestaron e moito os madrileños. Era o minuto 6 do segundo acto. Lanzou Joselu e marcou o único gol dos ferroláns.
No minuto 64 chegaría o empate para o Alcorcón. O tanto foi de Pablo García.
E o definitivo 1 a 2. Tamén de Pablo García a dez para a conclusión, logo dunha perda de balón da defensa departamental. O Alcorcón empatou co Córdoba na primeira posición logo da vitoria.