Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aeródromo militar da Lavacolla abre as súas portas no seu 90º aniversario

O aeródromo militar da Lavacolla abre as súas portas no seu 90º aniversario

A celebración permitirá que calquera persoa poida achegarse entre as dez da mañá e as tres da tarde para coñecer as xoias da aviación militar española

A historia do aeródromo remóntase a 1935
G24.gal 18/07/2025 21:58

O aeródromo militar de Santiago de Compostela acollerá unha xornada de portas abertas este sábado para conmemorar os 90 anos da presenza da aeronáutica militar en Galicia.

A celebración permitirá que calquera persoa interesada poida achegarse entre as dez da mañá e as tres da tarde para coñecer de preto algunhas das xoias da aviación militar española.

Entre os aparellos máis destacados atópanse o caza F18 Hornet e o moderno F2000 Eurofighter, capaces de acadar velocidades supersónicas, sendo este último quen de voar ao dobre da velocidade do son.

Tamén estarán presentes o impoñente avión de transporte A400M Atlas, avións de instrución, helicópteros e outros modelos de combate.

A historia do aeródromo remóntase a 1935, cando na súa inauguración participaron xa 40 avións do exército.

Para esta ocasión, os efectivos do Exército do Aire teñen todo preparado, incluído un espazo dedicado aos equipos de loita contra incendios, que deben permanecer operativos ante calquera emerxencia que puidese xurdir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade