Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alvedro prepárase para multiplicar por tres a súa actividade polas obras da Lavacolla

Alvedro prepárase para multiplicar por tres a súa actividade polas obras da Lavacolla

A maior parte das rutas desviaranse á Coruña entre o 23 de abril e o 27 de maio

G24.gal 15/04/2026 14:47

O aeroporto de Alvedro prepárase para multiplicar por tres o actual volume de voos e de pasaxeiros.

"É un gran reto. Trátase dunha situación extraordinaria. Imos acoller un volume de pasaxeiros e de operativa que nuncca antes tivo esta infraestrutura", asegura Joan Ibáñez, director do aeroporto da Coruña.

O aeroporto reforzará os seus servizos. Habilitaranse novas zonas de aparcadoiro e tamén se ampliarán as liñas de autobuses e a bolsa de taxis dispoñibles. O desvío de voos tamén afectará a Peinador.

"As compañías ainda están reprogramando. Sabemos que van reforzar a conectividade con Barcelona", adianta o director de aeroportos de Aena, Raúl Moya. 

Os aeroportos galegos perderon conexións nacionais e internacionais e máis de 300.000 viaxeiros na tempada de inverno, unha situación que preocupa o sector turístico.

"Estamos ás portas dun ano santo. O sector está preocupado por esas conexións aeroportuarias", di o Presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. 

O desafío é aproveitar os cambios para captar novas rutas para Galicia.

"De cara ás compañías seguir sendo atractivos e un aeroporto confiable no que poidan decidir apostar para atraer máis voos no futuro", di Joan Ibáñez, Director do aeroporto da Coruña.

As novas rutas contarán cun reforzo de 100.000 euros que destinará a Xunta para a promoción turística de Galicia en cada destino conseguido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade