Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entran en servizo as novas liñas de buses que unen Pontevedra cos concellos do rural

Entran en servizo as novas liñas de buses que unen Pontevedra cos concellos do rural

Os veciños de Moraña, Portas e O Campo Lameiro poden ir á cidade, de xeito totalmente gratuíto e con frecuencias de tres ou catro veces ao día

O plan +Mobe, en que colaboran a deputación e os concellos, ten financiamento da UE e busca unha mobilidade sostible e inclusiva

G24.gal 15/04/2026 14:12

Un bus que conecta as aldeas coa capital do concello, desde onde poden ir á cidade, de xeito totalmente gratuíto e con frecuencias de tres ou catro veces ao día. Un servizo así é unha necesidade en moitas zonas rurais e estréase esta semana de xeito piloto en tres concellos da zona rural da provincia de Pontevedra. 

Tres concellos de Pontevedra, Moraña, O Campo Lameiro e Portas, son a proba piloto do proxecto +Mobe. Que non busca só conectar o rural coa cidade, senón articular a vida das aldeas arredor do núcleo. 

"De Lantaño, por exemplo, se un veciño ten que vir a Portas ao médico ou á farmacia, ou facer un papel no Concello ou ao banco, pois este mesmo autobús faille, por así dicilo, de transporte urbano", explica Ricardo Martínez, o alcalde de Portas.

Os concellos aproveitan esta semana para informar os cidadáns por carta sobre o novo servizo, que ten de momento poucos usuarios.

"Estano aproveitando non só persoas maiores, senón traballadoras ou estudantes", relata Esther Rodríguez, a condutora.

Esther vai observando o interese dos veciños. Desde Portas son catro frecuencias a Pontevedra pola mañá, de ida e de volta, desde a parroquia máis apartada do concello ata o hospital de Montecelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade