Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada case 24 horas despois

Restablecida a circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada case 24 horas despois

Un tren, en que viaxaban 19 persoas, quedou enganchado á catenaria, e os viaxeiros tiveron que saír a pé

Era o segundo corte que se rexistraba en tan só 24 horas

Efectivos do GES de Quiroga, a Garda Civil e o Adif, acompañando os viaxeiros afectados (GES Quiroga) Efectivos do GES de Quiroga, a Garda Civil e o Adif, acompañando os viaxeiros afectados (GES Quiroga)
G24.gal 18/02/2026 13:58 Última actualización 19/02/2026 09:35

O Adif reabriu ás sete desta mañá a liña férrea entre Ponferrada e Ourense, interrompida debido ao enganche do primeiro rexional do mércores Ponferrada-Ourense coa catenaria entre Montefurado en Quiroga e San Clodio. A incidencia foi provocada por un enganchón do pantógrafo dun tren coa catenaria, de modo que o convoi quedou sen tracción eléctrica e parado na vía nunha zona montañosa.

Os pasaxeiros tiveron que percorrer o primeiro treito a pé auxiliados pola Garda Civil e os GES de Quiroga. Logo foron trasladados nos coches dos servizos de emerxencias ata a estación de Montefurado, desde onde continuaron a súa viaxe nun autobús fretado por Renfe.

Esta nova avaría era a segunda en 24 horas, e no mesmo treito, xa que onde quedou parado o tren está a escasos metros do túnel onde horas antes se rexistraba un incendio. O tráfico ferroviario estivo interrompido case un día enteiro.

Así o confirmou o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) nun chío na súa conta de X.

 

Ademais, a interrupción da circulación neste punto obrigou a desviar por outro itinerario cara a León o Alvia A Coruña-Barcelona. Neste caso, os viaxeiros de paradas intermedias son trasladados por estrada. Os pasaxeiros do rexional que cobre a ruta Vigo-Ponferrada da tarde tamén tiveron que realizar o percorrido por estrada desde Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade