Cargando resultados...
O Adif admite que no treito de Adamuz había 36 metros de vías "sen certificado de calidade"
A empresa pública explica que a principios de marzo retiraron ese carril e o substituíron por material en regra
Engade que non había desperfecto nin ningunha anomalía técnica no aceiro que retiraron
G24.gal
21/03/2026 13:40
O Adif admite agora que no treito de Adamuz onde ocorreu o accidente ferroviario había 36 metros de vías sen certificado de calidade.
Nun escrito dirixido ao xulgado que leva o caso, a empresa pública explica que por iso a principios de marzo retiraron ese carril e o o substituíron por material en regra.
Tamén engade que non había desperfecto nin ningunha anomalía técnica no aceiro que retiraron.
No accidente ferroviario de Adamuz morreron 46 persoas e máis de 100 quedaron feridas.