Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 5 % dos portugueses están actualmente en corentena por covid-19

O 5 % dos portugueses están actualmente en corentena por covid-19

O país alcanzou nas últimas horas o seu récord de contaxios diarios

Calculan que neste mes de xaneiro expediranse máis baixas laborais que en todo 2021

Alberto Mancebo 13/01/2022 15:33

A quinta onda da covid-19 en Portugal está alcanzando cifras de récord case dúas semanas despois da finalización das festas do Nadal. Nas últimas horas rexistráronse 40.954 novos casos positivos sendo un dos países da Unión Europea que máis tests está facendo actualmente. 

A expansión da variante ómicron está provocando que moitos portugueses teñan que illarse na casa, xa sexa por estar en contacto cun positivo e agardar os resultados ou ter que facer corentena por estar infectado.

Ao igual que outros países do entorno Portugal, reduciu as corentenas dos casos positivos a 7 días pero calcúlase, ante o aluvión de positivos, que máis de 500 mil cidadáns están confinados nas súas casas. Iso supón o 5 % da poboación lusa. 

A atención primaria está desbordada e os médicos afirman que o 80 % das consultas que atenden son para dar altas ou baixas. O departamento da Seguridade Social de Portugal comunicou que neste primeiro mes do ano vanse expedir tantas baixas como en todo 2021. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos