Cargando resultados...
A autovía entre Ponferrada e Ourense, a A-76, sufrirá un novo atraso de polo menos 9 meses
G24.gal
09/06/2022 15:04
A autovía entre Ponferrada e Ourense, a A-76, sufrirá un novo atraso. Polo menos 9 meses e xa entrariamos no ano 2023 que sería cando finalizaría esa auditoría de seguridade viaria, o trámite encargado polo Ministerio para poder comezar unhas obras das que se leva falando anos, pero que a día de hoxe non está colocada aínda nin a primeira pedra.
Esta última demora indigna transportistas, veciños e empresarios. Aseguran que os 125 quilómetros de autovía que unirían Ponferrada con Ourense son vitais para o desenvolvemento e competitividade da Galicia interior.