Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo susto na praia de Riazor

Novo susto na praia de Riazor

Un home botouse ao mar para recuperar unha toalla e non era quen de saír

Sucedeu 24 horas despois de que unha cadea humana tivera que sacar unha muller que se puxo a ler pegada ás ondas

G24.gal 27/10/2026 13:44

Mesmo na beira, axeonllado, ao home custáballe poñerse en pé pola resaca das fortes ondas. Foi o segundo susto na baía de Riazor en apenas vinte e catro horas.

"O mar levoulle a toalla e el foi detrás", explica este turista británico. "Pero despois non era quen de saír, estaba cada vez máis canso. A súa familia foi correndo axudalo. Levárono nunha ambulancia e veu a policía e precintou a praia porque as ondas son bastante grandes".

De feito estaba activo un aviso amarelo que estoutro turista británico ignorou cos seus fillos pequenos. Un axente tivo que exhortalos a marchar cando a auga tocaba xa o muro da praia.

"É moi doado verse arrastrado aínda que haxa pouca profundidade", recoñecía despois.

 A duna que onte se comezou a colocar como cada outono axudará a evitar episodios como o vivido tamén este domingo. Houbo que facer unha cadea humana para socorrer unha muller que sentara a ler moi preto de onde rompían as ondas, ata que unha a arrastrou consigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade