Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade e as comunidades seguen estudando o novo semáforo da covid

Sanidade e as comunidades seguen estudando o novo semáforo da covid

O Ministerio considera que a clasificación debe adaptarse a unha nova realidade con menor presión hospitalaria

Coa posible modificación España pasaría a estar en risco baixo e Galicia no que se denominaría "circulación controlada"

Sanidade e as comunidades danse máis tempo para estudar este novo baremo

G24.gal 16/11/2021 11:43 Última actualización 21:29

O Ministerio de Sanidade levaron esta tarde a proposta á reunión coas comunidades autónomas, no marco da Comisión de Saúde. A idea é establecer novos limiares nos indicadores de incidencia da covid-19 e adaptalos á nova situación, en que hai unha menor presión hospitalaria, se se compara con situacións de meses anteriores cos mesmos casos da enfermidade en circulación.

Segundo informou o Ministerio de Sanidade, na xuntanza recolléronse impresións e propostas dos representantes autonómicos. O documento seguirá traballándose no relatorio de alertas e levarase proximamente á Comisión de Saúde Pública.

Ese borrador sobre o que se traballa actualiza o actual semáforo. Así, o nivel máis baixo, que ata o de agora se denominaba "nova normalidade", pasaría a chamarse "circulación controlada", estableceríase en menos 50 casos por cen mil habitantes a 14 días, e non nos 25 en que se está ata o de agora.

O risco baixo situaríase de 50 a 100 casos. Nestes momentos ese nivel establecese entre os 25 e os 50 casos. Co novo baremo, España estaría en risco baixo, cos actuais 82 casos por 100.000 habitantes. 

Coa nova actualización, un territorio estaría en risco medio cunha incidencia acumulada de 100 a 300; no alto, de 300 a 500, e en moi alto, máis de 500.

Clasificación proposta polo Ministerio de Sanidade Clasificación proposta polo Ministerio de Sanidade

O Ministerio de Sanidade traballa cunha situación epidemiolóxica actual que considera moi favorable cun marcado descenso dos casos graves e da letalidade o que, unido ás altas coberturas de vacinación, "fai necesaria unha revisión dos indicadores utilizados para a vixilancia da evolución da pandemia e das medidas non farmacolóxicas recomendadas para cada un dos niveis de risco establecido".

Coa situación actual, comunicada este luns á tarde, non hai ningunha comunidade en "nova normalidade". Galicia, Asturias, Estremadura e Andalucía, son nestes momentos os territorios coa mellor situación e están en risco medio

Pola contra, Euskadi e Navarra son as comunidades que presentan unha peor evolución da pandemia, en situación de risco alto.

Aplicando o novo baremo, asistiriamos a cambios nese mapa da incidencia. Esas catro comunidades en situación de risco baixo, Galicia, Asturias, Estremadura e Andalucía, pasarían a estar nesa situación que se denomina de "circulación controlada".

Varias das comunidades que nestes momentos están en risco medio pasarían a estar en risco baixo. Serían Cantabria, Castela e León, Madrid, Castela-A Mancha, Murcia, a Comunidade Valenciana e as illas Canarias.

Todas as outras comunidades estarían en situación de risco medio de incidencia: A Rioxa, Aragón, Cataluña, as Baleares e tamén Euskadi e Navarra.

Sobre os niveis de alerta, Sanidade considera que para baixar do nivel de alerta 1 ao nivel de "circulación controlada" será necesario que "todos e cada un dos indicadores estean por baixo do valor mínimo".

As comunidades autónomas revisarán de maneira periódica a evolución dos indicadores para valorar manter ou modificar o nivel de alerta.

Cada comunidade deberá vixiar con especial atención os indicadores dos seus territorios en contornas de especial vulnerabilidade como os sociosanitarios e fortalecer as capacidades de resposta na zona afectada.

E en "situacións especiais nas que se detecte un risco específico", as comunidades poderán tomar a decisión de elevar de maneira rápida o nivel de alerta para un determinade territorio.

No borrador insístese nas medidas de hixiene e prevención. Estas medidas, di, débense aplicar independentemente do nivel de alerta no que se atopa un territorio, mesmo cando se atope nun novo nivel de "circulación controlada" e en particular é "importante manter o uso da máscara".

Nos ámbitos en que se desenvolvan actividades de interior e poida garantirse o uso continuado da máscara, non se establecerán redución da capacidade no nivel de alerta 1 e manteranse do 75 % no nivel de alerta 2, e do 50 % nos niveis de alerta 3 e 4. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos