Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta rescata un punto no engadido contra o Vilarreal cun gol de Borja

O Celta rescata un punto no engadido contra o Vilarreal cun gol de Borja

O gol de Pepé para os castellonencos fíxolle dano ao Celta, moito mellor ata o 52'

Borja acadou o empate no 94', primeiro tanto que encaixa o Submarino na Liga

G24.gal 31/08/2025 16:38

Minuto a minuto

Ás 17:00h comeza o partido de Balaídos entre o Celta, que busca o primeiro triunfo, e o Vilarreal, rival que comezou no liderado esta xornada. Estes son os XI iniciais dos dous equipos para o encontro:

1'

Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Vilarreal

5'

Primeira ocasión clara para o Celta!! Pase en profundidade de Pablo Durán a Iago Aspas, que intenta sorprender, pero o balón marcha preto do pau

8'

Outra ocasión de Iago Aspas. O seu lanzamento desde a frontal buscando a escadra marcha desviado

18'

Rouba un balón na área rival Javi Rueda e asiste a Pablo Durán, pero o dianteiro non é quen de rematar entre os paus

32'

Moleiro remata abaixo logo dunha contra do Vilarreal, pero detén seguro Radu

33'

Centro de Bryan Zaragoza desde a esquerda, e Rafa Marín envía a córner para evitar o remate de Durán

35'

Dobre ocasión do Celta. Primeiro Bryan Zaragoza remata ao segundo pau. Rexeita Junior e o balón cáelle aos pés a Javi Rueda, que dispara alto

42'

Tiro lonxano de Pepé que bate en Carreira e acaba nas mans de Radu

45+1'

Descanso en Balaídos. Celta 0-0 Vilarreal

46'

Comeza a segunda metade co resultado inicial en Balaídos

51'

Salva Javi Rodríguez cando xa remataba Moleiro

52'

GOL do Vilarreal. Boa parede dentro da área e Pepé define diante de Radu. Marca o equipo castellonenco despois do dominio vigués durante gran parte do partido

76'

Perda do Celta en ataque e rápida contra do Vilarreal que culmina Gueye cun remate fóra

85'

Salva Radu sobre a liña unha acción a balón parado que acaba anulada por falta

87'

Posible penalti de Foyth sobre Ilaix que Quintero González non asubía

89'

Borja Iglesias habilita perfectamente a Ilaix, pero o seu remate sae lambendo o pau

90+4'

GOOOOOOOOOOOL do CEEEEEEEELTA!!!! Toca Javi Rueda no segundo pau e aparece polo medio Borja Iglesias para marcar o empate a uns, primeiro gol que encaixa o Vilarreal nesta Liga

90+5'

Final en Balaídos. O Celta saca un empate, o terceiro da temporada, cun gol no tempo engadido despois de ser superior durante moitos minutos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade