Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo corte de auga no barrio lugués de Paradai

Novo corte de auga no barrio lugués de Paradai

Unha trintena de vivendas levan días sen servizo debido á rotura dunha tubaxe

Félix Aragunde 14/02/2024 12:44

Por segunda vez, en menos dunha semana, produciuse unha rotura na rede de abastecemento de auga no barrio lugués de Paradai. A avaría afecta a un edificio duns 30 pisos, que levan días sen servizo despois de sufrir outro corte durante unha xornada e media, entre o venres e o sábado.

Os residentes nese bloque de vivendas non dispoñen de auga nin para o seu aseo nin para poder cociñar. Mentres traballan para resolver o problema, dende o Servizo de Augas puxeron á súa disposición unha billa na outra beira da rúa.

As familias afectadas teñen que recorrer aos baldes para transportar algo de auga ata os seus fogares e poder lavar a roupa á man ou baleirar os sanitarios.

Os veciños aseguran que levan anos padecendo cortes de auga. Para lle dar unha solución definitiva ao problema, reclaman que as vellas tubaxes de fibrocemento sexan substituídas canto antes por outras novas.

Dende a Brigada Municipal de Augas contan con ter arranxada esta última avaría en cuestión de horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade