Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo amencer baixo cero no sur de Ourense, con -7,5 graos en Calvos de Randín

Novo amencer baixo cero no sur de Ourense, con -7,5 graos en Calvos de Randín

A estación de Verín-Vilela marcou -6,4 graos ás 09:00 horas e a de Xinzo da Limia, -6,2 á mesma hora

En Lugo a mínima estivo nos medidores de Morelle, en Sarria con -6,2 graos

Leira con xeada en Xinzo de Limia
G24.gal 04/02/2023 14:44 Última actualización 04/02/2023 16:59

Segue a influencia das altas presións en Galicia con ceos despexados, agás algunha néboa no interior. As temperaturas mínimas case sen cambios, con xeadas, e as máximas en lixeiro ascenso.

A provincia de Ourense, especialmente o sur, segue amencendo baixo cero. As mínimas desta madrugada foron, unha vez máis, en Calvos de Randín, Verín e Xinzo de Limia, que roldaron os sete graos negativos.

As xeadas volveron cubrir a chaira da Limia, e para mañá máis. Hai aviso amarelo de Meteogalicia en todo o sur da provincia por temperaturas inferiores aos 4 graos baixo cero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos