Cargando resultados...
Nove persoas feridas nun accidente múltiple en Portonovo
Oito persoas tiveron que ser trasladas ao PAC e unha ao hospital de Montecelo
O suceso produciuse sobre as 11:50 horas deste domingo e houbo tres vehículos implicados

G24.gal
08/06/2025 15:14
Un total de nove persoas feridas tras un accidente múltiple na avenida de Pontevedra, en Portonovo, pertencente ao municipio pontevedrés de Sanxenxo.
O suceso produciuse sobre as 11.50 horas deste domingo e houbo tres vehículos implicados.
Ata o lugar desprazouse a Policía Local, o Servizo Municipal de Emerxencias e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Así, oito persoas tiveron que ser trasladas ao PAC e unha ao hospital de Montecelo.