Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove comunidades autónomas permanecen en alerta amarela ou laranxa por chuvias e treboadas

Nove comunidades autónomas permanecen en alerta amarela ou laranxa por chuvias e treboadas

As zonas con maior risco son a ribeira do Ebro, en Zaragoza, Alacante e o sur de Valencia

Garaxe anegado en Cartaxena polas treboadas da madrugada
G24.gal 23/05/2023 20:51 Última actualización 23/05/2023 21:09

A combinación da DINA, as baixas presións e o vento húmido do Levante favoreceron as chuvias especialmente intensas, que, nalgúns puntos, superaron o rexistro habitual do mes de maio completo.

Nove comunidades autónomas permanecen en alerta amarela ou laranxa por chuvias e treboadas na metade oriental da península. As zonas con maior risco son a ribeira do Ebro, en Zaragoza, Alacante e o sur de Valencia.

A Generalitat Valenciana activou o Plan Especial de Inundacións en todo o litoral e mantén a preemerxencia nivel laranxa por chuvia e treboadas. As chuvias torrenciais descargaron ata 40 litros por metro cadrado nunha hora en Alacante e Valencia e ocasionaron inundacións, balsas nas estradas e suspensión de clases. Pero, despois dun día complicado, a Generalitat confirma que o peor xa pasou.

A valenciana Ontinyent chegou a acumular case 130 litros por metro cadrado, a maior cantidade de auga nun día de maio nos últimos 100 anos. O que a veciñanza celebra por necesario.

A chuvia recollida no norte de Almería, 108 litros por metro cadrado, vai posibilitar unha colleita récord de améndoa canda un aumento significativo de auga nos encoros. Había máis de 50 anos que non chovía así nesta provincia. 

As treboadas nocturnas descargaron forte en Cartaxena, que vai recuperando a normalidade tras os cortes nas estradas e as inundacións que anegaron baixos e garaxes.

A ribeira do Ebro en Zaragoza tamén permanece en aviso laranxa mentres as chuvias se espallan polas dúas Castelas e A Rioxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade