Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas tecnoloxías para as doazóns nas parroquias

Novas tecnoloxías para as doazóns nas parroquias

Parroquias de Vigo empregan contactless e Bizum para os donativos

G24.gal 31/03/2022 13:43

A céntrica parroquia do Sagrado Corazón de Xesús de Vigo é un dos templos en que conviven os dous sistema de doazón: o convencional que permite o depósito de moedas e o contactless tanto co móbil como coa tarxeta. A pandemia e o medo ao contacto co metálico axilizaron a implantación destes sistemas.

Tamén na antiga colexiata, agora Basílica de Santa María, hai outro datáfono semellante e acéptanse esmolas ou pagamentos vía Bizum. A Igrexa fai así unha adaptación aos tempos que está sendo moi ben acollida polos fregueses e pola xente en xeral.

Tamén na viguesa confraría do Noso Pai Xesús do Silencio aceptan este tipo de pagamentos que a longo prazo de seguro se aplicarán na maioría dos templos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade