Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova xornada de calor nunha primavera de temperaturas récord en Ourense

Nova xornada de calor nunha primavera de temperaturas récord en Ourense

As máximas manteranse próximas aos 30 graos durante a fin de semana

A cidade de Ourense bateu en marzo e abril as temperaturas máximas históricas desta altura do ano

G24.gal 20/04/2024 14:54 Última actualización 20/04/2024 16:26

Nova xornada de calor en Ourense cunha temperatura máxima prevista para hoxe de 29 graos, un tempo propicio para as actividades ao aire libre e para buscar alivio na sombra.

"Hai que escapar ao río e facer plans á sombra, porque o sol a verdade é que non se atura. "Pasear todo o que se poida e andar ao aire libre, levamos moito tempo de inverno metidos na casa". "Hai que ir de terrazas e pasear un pouquiño, agradécese". Estas son algunhas das actividades que decidiron facer os veciños da cidade. 

A primavera está sendo máis calorosa ca nunca en Ourense. Nos dous últimos meses encadea dous récords históricos de temperaturas nesta altura do ano: en marzo cunha máxima que superou os 31 graos e en abril cos 33,9 graos que se rexistraron a semana pasada.

A previsión é que se manteñan as temperaturas próximas aos 30 graos durante toda a fin de semana. O descenso térmico, de ata cinco graos, chegará a partir do luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos