Cargando resultados...
Nova protesta dos traballadores de Alu Ibérica para pedir a intervención da SEPI
Os traballadores de Alu Ibérica da Coruña volveron cortar os accesos á planta no polígono de Agrela
Trescentos empregados da factoría esixen que a SEPI reflote a fábrica
G24.gal
03/03/2022 13:53
Os traballadores de Alu Ibérica da Coruña volveron cortar os accesos á planta no polígono de Agrela. É a chamada desesperada dos 300 empregados da factoría, que esixen que a SEPI reflote a fábrica. Insisten en que é a única saída logo de que o xulgado do mercantil acordara que a compañía entre en fase de liquidación polas débedas que acumula.
Nas últimas horas tamén se pronunciaba Alcoa, a antiga propietaria. Di que quere buscar un acordo cos traballadores de Avilés e da Coruña para poñerlles fin aos procesos xudiciais abertos relacionados coa venda das plantas.