Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova evacuación de menores palestinos para recibir atención médica en España

Nova evacuación de menores palestinos para recibir atención médica en España

Foron trasladados ata a fronteira entre Israel e Xordania e este luns está previsto que cheguen a Torrejón de Ardoz

Edificios destruídos na cidade de Gaza. REUTERS/Dawoud Abu Alkas Edificios destruídos na cidade de Gaza. REUTERS/Dawoud Abu Alkas
G24.gal 26/10/2025 14:28 Última actualización 26/10/2025 15:11

O Ministerio de Sanidade organizou unha nova operación para evacuar 19 nenas e nenos palestinos dende a franxa de Gaza para recibir atención médica en hospitais españois.

Segundo informa o departamento nunha nota de prensa, chegarán este luns de madrugada, xunto a 73 acompañantes, á base aérea de Torrejón de Ardoz, en Madrid.

Os pacientes foron trasladados ata a fronteira entre Israel e Xordania, onde as autoridades israelís os entregaron a un equipo do Ministerio de Sanidade encabezado pola ministra Mónica García, e coa participación de persoal médico mobilizado para a ocasión.

Coma as catro evacuacións anteriores, trátase dunha operación coordinada por Sanidade xunto á Organización Mundial da Saúde e o Centro de Coordinación de Resposta a Emerxencias da Comisión Europea.

Médicos Sen Fronteiras encargouse da supervisión médica durante o traslado ata Amán e tamén colaboran os ministerios de Defensa, Exteriores, Unión Europea e Cooperación; Inclusión, Seguridade Social e Migracións e Interior.

O Exército do Aire e o Espazo mobiliza dous avións e máis dunha ducia de militares da Unidades Médica de Aeroevacuación, entre os que se atopan médicos e enfermeiros de voo, intensivistas e técnicos sanitarios.

A ministra de Sanidade esta semana en Madrid. EFE/ Borja Sánchez-Trillo A ministra de Sanidade esta semana en Madrid. EFE/ Borja Sánchez-Trillo

Pacientes con diversas doenzas

Os menores son pacientes de traumatoloxía con feridas producida polos efectos dos ataques israelís, de oncoloxía e hematoloxía, con cardiopatías conxénitas, doenzas neurolóxicas, oftalmolóxicas ou nefrolóxicas.

Unha vez estean en España, serán distribuídos por hospitais de Castela-A Mancha, Asturias, Castela e León, Euskadi, Navarra, Murcia, Aragón e Cataluña.

O Instituto Nacional de Xestión Sanitaria, organismo adscrito ao Ministerio de Sanidade, xestionou a distribución e coordinación nos distintos centros sanitarios.

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, xunto á ONG Accem, encargarase da acollida e atención integral das familias, incluíndo aloxamento, manutención, atención psicolóxica, xurídica e servizos de tradución e interpretación.

A Oficina de Cooperación Española en Amán, dependente da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Aecid), realizou todos os trámites, mentres que a Embaixada de España en Xordania tramitou os visados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade