Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Mercar no teu comercio ten premio', establecementos de proximidade recompensan os clientes

'Mercar no teu comercio ten premio', establecementos de proximidade recompensan os clientes

40.000 euros en premios para dinamizar o comercio de proximidade

Cartel da campaña
G24.gal 21/09/2022 15:01

A Federación Galega de Comercio acaba de poñer en marcha unha campaña para dinamizar o comercio de proximidade en máis de 40 localidades galegas e baixo o lema 'Mercar no teu comercio ten premio'.

É unha campaña que ata finais de novembro se vai ir desenvolvendo de forma paulatina en máis de 40 localidades galegas e que vai ter en cada unha delas unha semana de duración. Durante ese tempo os consumidores de calquera dos 45.000 comercios adheridos deberán gardar os tíckets de compra cos que van poder participar nun sorteo. Hai 40.000 euros en premios.

"Añoro os comercios de antes pero todo tipo de comercio tanto sexa de alimentación, como de roupa, coma de zapatos, porque agora parece que hai que ir aos sitios grandes solamente para comprar", comenta unha muller.

O comercio de proximidade gusta. "Máis cercano, outra atención sobre todo", "o trato familiar para min non comercio pequeno é o mellor que hai", "son necesarios para poder seguir existindo as rúas", contan algúns cidadáns.

A alma das cidades tamén está no comercio pequeno, por iso é tan importante a súa supervivencia. Intentar captar clientes con campañas de promoción é o obxectivo das federacións de comerciantes para dinamizar un sector moi tocado agora tamén pola inflación.

"Imos sortear corenta mil euros en premios entre os consumidores que aposten polos nosos establecementos, polo comercio de proximidade", apunta Jose María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio.

Baixo o lema Mercar no teu comercio ten premio, esta campaña vaise desenvolver en máis de 40 localidades. Participan un total de 45.000 comercios e conta tamén co apoio da Xunta de Galicia.

"Estar ao carón, ao carón dos nosos comerciantes nestes tempos de incertezas que como ben todos sabemos levamos arrastrando xa dende a pandemia", explica Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo.

A campaña de promoción comezou xa nalgunhas localidades e vai estar operativa durante unha semana en cada unha delas ata finais do mes de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos