Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova badalada copeira do Ourense CF tras eliminar ó Girona (2-1)

Nova badalada copeira do Ourense CF tras eliminar ó Girona (2-1)

Os das Burgas son o mataxigantes da Copa e eliminan a outro primeira división

O seu rival na seguinte rolda será un dos catro que disputan a Supercopa: Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid ou Athletic de Bilbao

@ourense_cf @ourense_cf
G24.gal 03/12/2025 23:05

O Ourense Cf accedeu á terceira rolda da Copa do rei tras eliminar o Girona no Couto. Os ourensáns son o único equipo da competición que foi quen de eliminar a equipos de primeira división. E fíxoo dúas veces. Primeiro eliminando ó Real Oviedo e agora ó Girona.

O partido comezou de forma inmellorable para os de Dani Llácer. No primeiro minuto, e despois dun saque de esquina, Álvaro Yuste conectou unha cacholada que bateu a Gazzaniga. O temperán gol fíxoo que o cadro catalán buscase o empate e o atoparía despois dun discutido penalti cometido por Muñoz sobre Joel Roca. Alberto despexou o primeiro remate de Asprilla pero o colombiano non fallou o segundo tras un centro de Abel Ruiz.

Na segunda metade o equipo local saíu con ánimos renovados. A entrada de Adri Guerrero e Omar deulle máis velocidade arriba e sería este último o que anotaría o segundo gol aproveitando un rexeite de Gazzaniga. De aí o final dominio do Girona pero sen levar perigo á área ourensá. Excepto na última xogada do choque cando o pau traveseiro repeleu unha falta directa botada polo canteirán gironí Paul Arnau.

Na terceira rolda, o Ourense CF verase as caras cun dos grandes do fútbol español ó estar na Copa do Rei tras clasificarse pola Copa Federación. O seu rival será un dos catro que disputan a Supercopa: Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid ou Athletic de Bilbao

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar