Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF leva o derbi do Couto contra o Arenteiro (2-0)

O Ourense CF leva o derbi do Couto contra o Arenteiro (2-0)

Os goles de Jelbat e Martín Ochoa manteñen aos das Burgas tres puntos por riba do descenso

O Arenteiro queda a seis da salvación

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 28/02/2026 19:25

O xornalista Pepe González, recentemete xubilado, recibiu a homenaxe antes do partido. Que mellor para el que un derbi da provincia, un derbi con necesidades na zona baixa da clasificación. O Ourense Club de Fútbol tenta marcar cun descenso no que se afunde o Arenteiro.

Pouco despois de que Martín Ochoa case lle fixese un roto ao seu ex equipo, o Ourensa tomou vantaxe nunha acción a balón parado na que Jelbat gaña a partida por alto. Bucou o remate con decisión e obtivo o premio aos 16 minutos.

Os mellores minutos do Arenteiro foron contra o final da primeira parte. Un remate forzado de Mingo obtivo a resposta de Álvro Ratón. E pouco despois repetíronse os protagonistas, Mingo golpea desde lonxe e o gardameta rexeita cunha excelente intervención.

Pero o Arenterio pagpou os seus erros. Este na saída do balón é aproveitado por Hugo Sanz que conecta rápidamente con Martín Ochoa. Neste caso, o dianteiro non tivo piedade. O gol tivo un enorme efeco anímico sobre o Arenteiro que xa non se repuxo na última media hora de partido. 

O derbi deixa tocados, joi tocados, aos do Carballiño. O Ourense colle forza. Cuarta vitoria nos últimos cinco partidos no Couto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade