Cargando resultados...
Noia e Parrulo buscan a clasificación para a Copa no derbi do Mourís
O partido comeza ás 18:20 na pista do Portus Apostoli
G24.gal
27/12/2025 12:31
O Noia Portus Apóstoli e o Parrulo Ferrol despedirán a primeira volta cun derbi galego que pode traer premio gordo. Os dous chegan a este partido coa salvación encarrilada e con opcións de xogar a Copa. Poucas para o Noia, que precisa gañar e que fallen dous rivais. Máis para os ferroláns, que se suman os tres puntos agardarían por un tropezo dun dos tres equipos que teñen por diante na táboa.
E con tanto en xogo haberá cheo absoluto e ambiente de gala no Pavillón Agustín Mourís. Será toda unha festa do fútbol sala galego.
O Noia e o Parrulo buscan un broche de ouro para pechar un ano moi exitoso para os dous equipos galegos da máxima categoría.