Cargando resultados...
No medio da présa actual, a paciencia da fotografía analóxica segue sumando adeptos
En tempos de pandemia, moita xente atopou vellas cámaras e carretes que acabou levando a establecementos coma Foto Loly, que nunca deixou de revelar
En tempos tan dixitais, e tamén na Coruña, Pep imparte cursos de revelado no seu Atelier de Fotografía
G24.gal
27/09/2025 15:30
Última actualización 26/09/2025 21:33
A nostalxia polos vellos álbums de fotos segue levando moita xente, mesmo xente moi nova, a volver á fotografía analóxica.
Trátase tamén dun interese polo propio proceso de revelado e da intriga e a sorpresa que esperta recoller as nosas fotos en papel e comprobar que acabou saíndo do noso carrete.