Cargando resultados...
Os veciños de Xinzo celebran a instalación dun fotomatón
Desde que pechou o último estudo fotográfico, non tiñan onde facer as fotos para o carné
G24.gal
17/09/2025 14:22
Na era da dixitalización, a nostalxia polo analóxico dálles unha segunda vida a aparellos tan vintage coma os fotomatóns, que nos permiten imprimir as fotos no momento. Nuns casos por diversión e noutros, por necesidade, como acaba de pasar en Xinzo de Limia, onde xa non quedaban estudos fotográficos onde sacar as fotos para o carné, o que obrigaba os veciños a desprazárense a Ourense ou Verín.