Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo: “Levamos o liderado con normalidade”

Hidalgo: “Levamos o liderado con normalidade”

O técnico resta importancia ao primeiro posto do Dépor e confía en que a ausencia de Mella non se note demasiado no rendemento do seu equipo

G24.gal 26/09/2025 12:55 Última actualización 26/09/2025 13:04

O Deportivo defenderá por primeira vez o seu primeiro posto. O líder da liga en Segunda visita o campo de Ipurúa coa intención de alongar a súa boa serie e de manterse nesa posición de privilexio. Un primeiro debido a que, con todo, non obsesiona nin a xogadores nin ao corpo técnico encabezado por Antonio Hidalgo.

O míster asegura levalo “con normalidade. Non me preocupa. Levo demasiado nisto como para saber como funciona este mundo. A clave é seguir indo ao límite e ao detalle. En cada adestramento. Darlle unha normalidade á situación.

O Dépor non poderá contar con Mella nin con Gragera. Baixas seguras. É seria dúbida José Ángel, que está a piques de dar carpetazo ás súas lesións. O míster defende que co andaluz hai que ter calma porque “ten un proceso polo que ten que ter coidado”.

Non se descarta que poida viaxar mesmo a Eibar, pero os técnicos non correrán riscos con el. A idea con José Gragera, que “xa está na súa última parte de recuperación” é que poida incorporarse a próxima semana ao grupo e o seu regreso tamén é inminente.

Volve ser o debate de novo no Dépor. Mulattieri ou o pichichi da liga, Zakaría Eddahchouri. O neerlandés acumula xa cinco goles, con catro deles nos últimos dous partidos. Con todo, o míster deulle a confianza ao italiano de inicio neses dous encontros. De novo, un dilema para el á hora de tomar a decisión de cal será titular.

“É unha cuestión de confianza. Eles adestran para poñerme as cousas difíciles. Teremos que tomar unha decisión mañá. Os dous están a nos dar un rendemento altísimo”, sostén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade