Publicador de contidos
Publicador de contidos

No Breogán entenden a situación e cruzan os dedos para que isto non vaia a máis

No Breogán entenden a situación e cruzan os dedos para que isto non vaia a máis

G24.gal 31/12/2021 15:55

A nova colleu o Breogán en plena sesión de traballo para preparar o derbi. O do Obradoiro é o segundo partido que lle aprazan aos lugueses nunha semana. Onte tiñan que ter xogado ante o Joventut.

O Breogán non ten data aínda para ningún dos dous partidos adiados e os problemas de calendario complícanse máis se cabe pola necesidade de pechar a primeira volta e determinar que equipos  xogarán a Copa do Rei. Breogán quere ser un deles.

Barallábase o 15 de xaneiro para disputar o encontro ante o Joventut. Co aparazamento do derbi, esa opción podería cambiar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos