Publicador de contidos

Publicador de contidos

No barrio ferrolán do Bertón denuncian que a maleza e a bichería invanden a zona

No barrio ferrolán do Bertón denuncian que a maleza e a bichería invanden a zona

Reclaman a intensificación das tarefas de mantemento e poda

G24.gal 20/07/2022 14:16

Din vivir no medio dunha selva chea de bichería. É a queixa dos veciños do barrio ferrolán do Bertón. Aseguran que levan máis de sete anos reclamando que se intensifiquen os traballos de mantemento e poda na zona.

Explican ademais que ven como as pólas das árbores se aproximan as súas ventás sen que ninguén faga nada. Desde o Concello informáronos de que nas parcelas que son municipais xa comezaron a rozar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade