Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paxaros carpinteiros aniñan nas instalacións do Museo do Ferrocarril de Monforte

Paxaros carpinteiros aniñan nas instalacións do Museo do Ferrocarril de Monforte

Os niños teñen pequenos buracos por fóra pero son grandes por dentro

G24.gal 25/01/2022 20:59

As instalacións do Museo do Ferrocarril de Monforte semellan agora unha curiosa reserva ornitolóxica. Nas súas árbores aniñan unha colonia de paxaros carpinteiros que xunto a picadas frustradas deixan tamén curiosos niños. O son do seu traballo foi poñendo en aviso os empregados do museo e con cada poda van quedando ao descuberto novos niños.

Nunha das polas que houbo que cortar había un dos niños. Abriron o tronco para coñecer o seu interior e atopáronse cun gran burato de circunferencia case perfecta. Non é fácil ver os paxaros carpinteiros pero no museo teñen a miúdo ese privilexio.

Agora entre as súas antigas locomotoras, vagóns e rotondas ferroviarias que gozan da categoría de conxunto destacado do patrimonio industrial europeo hai aquí un novo atractivo sobre o que estudan facer divulgación da especie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade