Nico Serrano, presentado como novo xogador do Rácing de Ferrol
O navarro mostrouse feliz e optimista na conferencia de prensa
"Escollín o Rácing de Ferrol porque é un gran club"
Nico Serrano foi presentado como novo xogador do Rácing de Ferrol. Chega como recambio de Carlos Vicente, tras a marcha deste último cara á Primeira División. O extremo, cedido polo Athletic Club, falou sobre a elección do Rácing.
"Escollín o Rácing de Ferrol porque é un gran club, está nunha boa dinámica e teño gañas de comezar xa co equipo.
Sobre as negociacións para chegar a Ferrol:
"A verdade é que me puxeron as cousas fáciles. Foi unha elección fácil vir aquí, nun club grande e que está a facer as cousas ben. Estaba en Holanda e quería vir a España, saíu esta opción e aquí estou".
En canto ás súas cualidades, Nico definiu os seus puntos fortes:
"Definiríame como un xogador rápido, con calidade, ao que lle gusta xogar por dentro, asociarse e chegar ao área tamén".
Afirmou que aínda ten que falar en profundidade con Cristóbal, así como tivo verbas para os seus novos compañeiros e para a afección.
"Falei con el do que quere. Máis ou menos vin o que lle gusta. Aínda teño que falar con el pero transmitiume a súa confianza".
"Transmitíronme a súa confianza, dixéronme todas as cousas boas de Ferrol e que ía estar moi a gusto aquí".
"O ambiente era espectacular no partido da fin de semana, esperemos que siga así porque os axudan moito".
O navarro chega tras o seu paso polo Mirandés a pasada tempada, onde sufriu una lesión que lastrou o seu rendemento, e unha breve cesión no Zwolle holandés, onde non gozou dos minutos esperados.