Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nico Serrano non estará no final ligueiro por unha rotura fibrilar

Nico Serrano non estará no final ligueiro por unha rotura fibrilar

A súa baixa únese ás de David Castro e de Sabin Merino

G24.gal 21/05/2024 12:19 Última actualización 21/05/2024 12:24

O Rácing de Ferrol comunicou que o futbolista Nico Serrano, cedido ata final de tempada polo Athletic Club, non estará no peche ligueiro por unha rotura fibrilar no bíceps femoral da súa perna esquerda, cuxa recuperación "se prolongará máis aló de catro semanas".

O club sinalou que o extremo navarro foi sometido na mañá deste martes a probas diagnósticas, que confirmaron o alcance das molestias polas que tivo que abandonar o terreo de xogo nos últimos minutos do partido do pasado domingo na Romareda fronte o Real Zaragoza.

A súa baixa únese ás de David Castro, anunciada a pasada semana, e de Sabin Merino, que tampouco despedirán o curso nunha citación de Cristóbal Parralo polas súas respectivas lesións.

No caso de Castro, o Rácing de Ferrol detallou que estará "un mínimo de catro semanas de baixa" por unha fractura na falanxe proximal do primeiro dedo do pé esquerdo, que abocou a que estea "inmobilizado durante catro semanas" para que poida soldar a zona afectada, mentres que Merino tamén sufriu unha rotura fibrilar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos