Publicador de contidos

Publicador de contidos

As nevaradas por riba dos 800 metros condicionan o tráfico nalgunhas estradas galegas

As nevaradas por riba dos 800 metros condicionan o tráfico nalgunhas estradas galegas

Precaución para circular pola autovía A-6 en Pedrafita do Cebreiro

A cota de neve subirá xa esta noite a 1.200 metros

A comarc da Fonsagrada foi unha das zonas máis afectadas pola neve
G24.gal 08/12/2021 18:37

A neve chegou por riba dos 800 metros a numerosos puntos da montaña de Lugo. Un intenso manto branco de cinco centímetros deixou esceas propias do Nadal en moitas localidades. Pero sobre todo motos problemas na circulación.

As quitaneves tiveron que despexar 70 estradas da rede provincial en doce concellos. A comarca da Fonsagrada foi unha das máis afectadas. Moitas complicacións tamén na Autovía do Noroeste. A neve condicinou o tráfico sobre todo en Pedrafita do Cebreiro

 As nevaradas chegaron tamén con intensidade a Ourense, condicionando a circulación pola autovía A 52 na Mezquita, e tamén en Manzaneda. A cota de neve subiu ata os 1.200 metros e tamén o fixeron os termómetros, que baixaran ata os 5 graos baixo cero en Manzaneda e A Veiga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade