Cargando resultados...
Nevadas esporádicas e unha intensa xeada nas serras orientais
Na alta montaña lucense rexistráronse ata cinco graos baixo cero
Félix Aragunde
01/04/2022 13:41
A cota de neve sitúase nos 800 metros, pero polo momento apenas nevou nas serras orientais. Caeron folerpas de forma esporádica, que non chegaron a callar. Tamén se rexistrou moito frío, con mínimas de cinco graos baixo cero e cunha impresión térmica de ata menos oito graos.
Na montaña lucense sinalan que o inverno que acaba de rematar foi un dos máis secos que lembran. Houbo poucas nevadas, e moi escasas.
Nas xornadas vindeiras poderá haber nevadas esporádicas, coma esta rexistrada na Fonsagrada. Iso si, as temperaturas mínimas seguirán sendo negativas.