Publicador de contidos

Publicador de contidos

Negueira de Muñiz e Pedrafita son os únicos concellos libres de covid

Negueira de Muñiz e Pedrafita son os únicos concellos libres de covid

Segundo datos oficiais do Sergas non rexistran ningún positivo

G24.gal 06/02/2022 13:35

Só quedan dous municipios en Galicia libres de covid. Segundo os datos oficiais do Sergas, Negueira de Muñiz e Pedrafita do Cebreiro son os únicos que este domingo non rexistran ningún positivo.

Negueira de Muñiz é un dos concellos máis orientais da provincia de Lugo. Ten 74 quilómetros cadrados e 225 habitantes, unha baixa densidade de poboación que axudou a adiar a chegada da pandemia ata xullo deste ano.

Nesta sexta vaga houbo persoas afectadas pero, segundo confirmou o alcalde, José Manuel Braña Pereda, ningunha estivo grave nin ingresou no hospital. Arestora, non hai positivos neste municipio, ao igual ca en Pedrafita do Cebreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade