Navia de Suarna acolle a estrea de 'Sirat', a película de Oliver Laxe premiada en Cannes
O director galego pretende homenaxear a veciñanza de Navia de Suarna
A natureza deste concello lucense constitúe una fonte inspiradora dos filmes de Oliver Laxe
A produción artística de Oliver Laxe está intimamente ligada con Galicia e en concreto con Navia de Suarna, en Lugo. Eses Ancares lucenses que aparecen no seu filme O que Arde, non deixar de constituir o trasmallo emocional co que impacta cruamente nos seus espectadores. E que mellor xeito de homenaxear esa terra de seu coa pre-estrea en Navia de Suarna este serán, dese film, Sirat, co que acaba de gañar o premio do xurado no prestixioso festival de Cannes.
"É un orgullo e unha ledicia poder velo aquí e desfrutar da película que temos moitas gañas de ver", asegura unha veciña de Navia de Suarna.
Os eloxios son xeralizados entre a súa xente:
"A parte de ser unha grande persoa, é un súper traballador e extraordinario e unha persoa encantadora. Tanto ten de grande como de bo", comenta outra veciña.
Ás nove do serán deste deste domingo os veciños de Navia de Suarna poderán contemplar na praza do concello, de balde e ata que se complete a capacidade, a nova proposta Oliver Laxe. Unha proxección que contará coa presenza do director galego pero tamén do protagonista do filme, Sergi López. E será en primicia porque para ver a película no resto dos cines haberá que esperar ata xuño.
Os filmes de Laxe conseguen chegar ao profundo da alma do espectador transitando por unha natureza intimamente ligada ao ser humano, extraviado e perdido diante dunha paisaxe cambiante pero sutilmente salvaxe, como a dos Ancares galegos. E que mellor homenaxe á súa veciñanza e a seu mundo, que dar a coñecer a súa obra na xénese desa Galicia íntegra e auténtica.