Cargando resultados...
Natalia González, nova líder do PSdeG en Ourense
Era a única alternativa de voto tras retirarse da contenda Xosé Rúas

G24.gal
12/03/2022 22:54
Natalia González xa é a nova secretaría xeral do PSdeG en Ourense, despois de que o seu rival, o concelleiro Xosé Rúas, afín á secretaría provincial, retirara a súa candidatura a última hora.
A proposta de González foi así a unica sometida a votación dos afiliados. Votaron 258 militantes dun censo de 797.
A nova líder do partido na cidade logrou o apoio de 237 votos, 13 foron nulos e 8 en branco.