Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nas rúas de Monforte hai máis de 400 gatos abandonados

Nas rúas de Monforte hai máis de 400 gatos abandonados

A asociación MIAU Lemos pide un plan de actuación para reducir as mandas

Reclaman axudas das administracións para esterilizar e dar en adopción os animais

G24.gal 05/07/2023 20:36 Última actualización 05/07/2023 20:41

Segundo a asociación Miau Lemos, a orixe dos máis de 400 gatos abandonados nas rúas de Monforte está en propietarios que prefiren desfacerse deles no canto de dalos en adopción.

Así, os animais forman mandas en diferentes puntos da cidade co conseguinte aumento de residuos.

Ademais, as súas condicións son, na maioría dos casos, moi precarias. Por iso, piden un plan de actuación para acabar co abandono.

Esterilizar os gatos é o xeito de que as mandas non aumenten en número. E tamén se poden dar en adopción.

Pero, mentres non se conseguen eses fins, din que hai que coidalos gatos para que estean en boas condicións.

Polo de agora fano todo dende a asociación polo que reclaman axuda das administracións, como marca a lei. 

Os gatos conviven en harmonía con outra colonia de animais abandonados ou pouco coidados como son os parrulos do río Cabe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade