Nadal estará dous meses de baixa por unha lesión no psoas
Rafa Nadal quedou eliminado do Aberto de Australia. O balear sufriu unha lesión cando ía por detrás no marcador. O propio xogador confirmou que sofre unha mancadura no psoas ilíaco que o terá afastado das pistas entre seis e oito semanas.
Buenas tardes. He realizado pruebas médicas tras la derrota en el día de ayer. La resonancia magnética muestra una lesión grado 2 en el Psoas Iliaco de su pierna izquierda. Ahora toca reposo deportivo y fisioterapia anti inflamatoria. Tiempo normal de recuperación 6 a 8 semanas. pic.twitter.com/xwcKSyTzhp
— Rafa Nadal (@RafaelNadal) January 19, 2023
Aconteceu na última parte do segundo set; Nadal sentiu molestias na zona da cadeira e precisou atención médica. Con todo, o vixente campión en Australia volveu á pista e malia a doenza quixo loitar pola vitoria, pero non puido finalmente con McDonald.