Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coñecemos mellor a Jutglà, a última fichaxe do Celta

Coñecemos mellor a Jutglà, a última fichaxe do Celta

"Eles estaban dispostos a facer un esforzo, e eu quería volver a España. É o sitio ideal para medrar xuntos"

G24.gal 28/06/2025 19:26

O terceiro reforzo do Celta asina contrato cos celestes ata 2029. Logo de dúas campañas no Bruxas quería regresar a Liga e, na Liga, o máis teimudo foi o club vigués: "Eles estaban dispostos a facer un esforzo, e eu quería volver a España. É o sitio ideal para medrar xuntos", indica o futbolista.

Despois da presentación aproveitou para coñecer o club, alimentar as redes, visitar Balaídos e enchouparse do sentimento celeste. A filosofía do club e a do xogador concordan: "A idea de xogo, de club, ser unha familia dentro do vestiario...os valores que ten o club pegan moito cos meus, e iso identifícame co club"

Ademais, cando recibiu a chamada de Claudio Giráldez a sintonía foi total: "O que me transmitiu é que primeiro van as persoas, e despois o futbolista. Que aquí estamos todos para sumar, pero que a persoa importa moito"

A súa andaina en Balaídos esta a piques de comezar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade