Publicador de contidos

Na Unión de Consumidores de Galicia vaticinan meses complicados para os fogares

Na Unión de Consumidores de Galicia vaticinan meses complicados para os fogares

O prezo da enerxía dispara a inflación

Xa repercute nos servizos e na cesta da compra

G24.gal 31/10/2021 12:16

O prezo da enerxía está a disparar a inflación en toda a zona euro e repercute xa nos servizos e na cesta da compra.

Non se prevé que os prezos da enerxía baixen antes da primavera do ano que vén. O presidente da Unión de Consumidores de Galicia prognostica meses complicados para os petos dos fogares. 

"Podemos facer estimacións de máis de 800 euros nun ano, só cando falamos da parte enerxética, do consumo enerxético dun fogar. Se a isto lle sumamos a suba dos prezos dos alimentos, doutros produtos e dos servizos básicos enfrontámonos a un panorama complicado".

Na Confederación de Organizacións Agrarias estiman que a cesta da compra subiu un 15%. Alimentos básicos como o pan, as patacas, o polo ou os tomates experimentaron incrementos de ata un 6% no último mes. Na Unión de Consumidores de Galicia vaticinan que o problema se estenderá en breve ao resto de produtos.

"Estámolo a ver nos produtos frescos pero tememos que os elaborados, semielaborados ou transformados que aínda non repercutiron subas para o consumidor o fagan de xeito inminente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade