Na selección española ven o partido contra Francia como "unha final anticipada"
A presenza de Cucurella, Isco e Samu Omorodion foi a novidade na terceira sesión preparatoria da selección española na Cidade do Fútbol das Rozas, onde están a preparar o partido da semifinal da Liga das Nacións diante de Francia. Seis anos despois Isco volveu vestir a camisola de adestramento da selección. Só falta por chegar Fabián Ruiz, campión de Europa o sábado co PSG e que chegará o martes á concentración.
De la Fuente continuou coa preparación dos detalles do enfrontamento contra Francia (21:00 horas en Stuttgart). Para iso contou con varios internacionais sub-21, como Gerard Martín, Javi Guerra ou Diego López, que se exercitaron coa absoluta. Diante da prensa apareceu Dani Olmo, que falou do partido do vindeiro xoves como "unha final anticipada" polo potencial das dúas seleccións.