Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o mal estado dos cables nas fachadas dos edificios da cidade vella da Coruña

Denuncian o mal estado dos cables nas fachadas dos edificios da cidade vella da Coruña

Os veciños temen que calquera día aconteza unha desgraza

G24.gal 06/07/2022 14:20

Un incendio orixinado nunha embrolla de cables do tendido eléctrico dun inmoble da rúa Damas volveu xerar queixas entre os veciños, que viron como as lapas devoraban o toldo do local de hostalería que hai no baixo e invadían toda a fachada.

Tras o susto, denuncian, unha vez máis, o mal estado da instalación dunha morea de casas da cidade vella herculina que, segundo explican, en moitos casos son de madeira.

Por lei, as compañías non están obrigadas a soterrar os seus tendidos eléctricos, pero os veciños entenden que algo hai que facer.

Desta volta quedou nun susto, pero temen que calquera día aconteza unha desgraza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade