Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na aldea de Loiro os veciños elaboran cada ano a decoración de Nadal

Na aldea de Loiro os veciños elaboran cada ano a decoración de Nadal

Os seus 70 veciños botan man da imaxinación para que a aldea mude a súa faciana

G24.gal 20/12/2022 21:19 Última actualización 20/12/2022 21:52

Despois de varias semanas de preparación, a aldea de Loiro vestiuse un ano máis de Nadal.

"A árbore, as casas, toda a decoración foi feita polos veciños e iso penso que é o máis importante, e puxémola agora, este mes para lucir a aldea e que a xente veña visitarnos", explica Manuel Fernández, da asociación cultural Loiro na memoria.

Lonxe dos grandes presupostos, os seus setenta veciños botan man da imaxinación para que a aldea mude estes días a súa faciana.

"O meu fillo que é ebanista, fixo os carriños e as casetas, despois os outros decoraron todo, pero está todo moi bonito".

"Están moi ben e eu coido que son dignas de quitarlle uns retratos, como se dicía antes."

 
O caso é que xa empezan a ser coñecidos, grazas, din, á implicación dos veciños e da súa asociación cultural.
 

"Si, a verdade é que chama a atención, agora xa estamos no nome de todos e a seguir así".

 

"Hai uns anos que empezaron a facer isto e está estupendamente, claro que si. Válelle a vida á aldea".

 
E que lles parecerá a decoración os visitantes?
 

"Pois bonita, sobre todo unhas casas que hai alí, están moi ben feitas."

 

"Está con cada detalle incrible, está xenial, hai que felicitalos."

O certo é que aquí as ideas non paran de medrar. Unha das súas veciñas elaborou este curioso belén feito con cascas de ovos. Aquí están todos os protagonistas e non lles falta detalle. Cadaquén achega o seu gran de area para presumir de aldea tamén no Nadal. 
 
 

 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade