Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mus Barro completa a posición de pivote no Leyma Coruña

Mus Barro completa a posición de pivote no Leyma Coruña

Malia estar de líderes na Primeira FEB, o club decidiu aproveitar unha oportunidade de mercado para reforzar o equipo

G24.gal 11/12/2025 11:00

O Leyma Coruña presentou a súa última incorporación, o pivote senegalés (208 centímetros) Mus Barro. Chega desde o baloncesto mexicano, onde asinou unha vez rematada a Primeira FEB da campaña anterior. Na 24-25 xogou no Movistar Estudiantes onde promediou 8,1 puntos e 5 rebotes por partido. 

Barro ten unha gran traxectoria na categoría. Con anterioridade estivo en Tizona, Palencia e Alacante, polo que coñece ben o reto que vai atopar na Coruña. "Unha das razóns pola que fichei é a gran dinámica que está a ter o equipo", recoñeceu o xogador. O director deportivo da entidade, Charlie Uzal, falou del como unha grande oportunidade de mercado e considera que o club dá "un paso de xigante". 

Eran dous os xogadores que tiña o Leyma Coruña nesa posición; Abdou Thiam e Ilimane Diop co que agora a rotación queda completa con Mus Barro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade