Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Mrsic: "Quen estea máis tranquilo logrará a permanencia"
Para o técnico croata, a situación que vive o equipo é a normal
                
                    
                        Foto @CBBreogan
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            01/02/2024 13:14
                        
                        
                                Última actualización 01/02/2024 13:18
                        
                        
                    
                    Veljko Mrsic lembrou esta mañá que o Río Breogán xoga o sábado en Zaragoza. Para o técnico croata, a situación que vive o equipo é a normal. O excepcional foi o que sucedeu nas dúas últimas temporadas.
"Somos Breogán, destinados a estar abaixo, o dos últimos anos foi excepcional".
Rio Breogán, en palabras de Mrsic, está destinado a pelexar pola salvación. E apunta á tranquilidade como factor determinante para seguir na ACB.
"Quen estea máis tranquilo logrará a permanencia, quen se poña nervioso descenderá".